Olalla Rodil: “Estamos a piques de facer historia e converter a Ana Pontón na primeira presidenta da Xunta de Galiza”

por Redacción Lugo

A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, pediu o voto ás persoas «indecisas e desencantadas con 15 anos de goberno do PP, un goberno que non mellorou a vida das galegas e galegos». Rodil dixo que «para cambiar o rumbo do País precisamos o apoio de todas as galegas e galegos, transformar en votos todo o apoio recibido ao longo destas dúas semanas». «Nestas dúas semanas de campaña demostramos que somos a única proposta que pode dar a volta os 15 anos de recortes do Partido Popular», dixo Olalla Rodil, quen pediu o voto para o BNG «a todas as persoas que durante esta campaña viron no proxecto do BNG, con Ana Pontón á fronte, un proxecto serio, válido e ilusionante».

«Non se trata só de botar ao Partido Popular, o BNG demostra onde goberna que sempre beneficia ás persoas, a toda a veciñanza», afirmou Olalla Rodil, que pediu o voto «de todos os galegos e galegas, independentemente do que votaran con anterioridade para levar adiante un proxecto capaz de sacar Galiza adiante». Segundo Olalla Rodi, «o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de forzas estatais».

A cabeza de lista por Lugo defendeu que o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza. «O domingo é o momento de apostalo todo ao BNG, abriremos un tempo novo para que Galiza empece a gañar» declarou Rodil.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario