Os populares piden apoiar «o Goberno estable de Rueda» en contraste a un PSOE e BNG que enganaron aos traballadores e xogaron a pechar Alcoa

por Redacción Galicia

Alfonso Villares e José Manuel Balseiro participaron en dous mitins de peche de campaña no Vicedo e en San Ciprián.

  • O BNG fixo a política perfecta para pechar aluminio e alumina: polas mañás manifestábase cos traballadores e polas tardes en contra dos parques eólicos que deben abastecer de enerxía ás plantas e recorrían o permiso para a balsa de lodos», explicaron
  • PSOE e BNG asinaban no 2020 un pacto para investir a Sánchez presidente do Goberno no que incluían un novo estatuto electrointensivo e no 2023 volveron asinar outro no que xa non recollen esta medida: «nin a uns nin a outros lles importante os postos de traballo destas plantas»
  • Os populares coincidiron en subliñar que «o PP e a Xunta cumpren (teñen concluída ou a piques de rematar a tramitación dunha ducia de parques eólicos que abastecen de enerxía a un prezo competitivo a fábrica de Alcoa); pero o Goberno do PSOE apoiado polo BNG, non»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario