O suceso tivo lugar esta mañá mentres Elena Candia visitaba a mesa que está ubicada na unidade de sancións da policía local, no número 27 rúa Rio Neira, para saudar tanto a apoderados, interventores como a membros das mesas electorais e persoas que exercían nese momento o seu dereito ao voto.
Foi nese instante cando unha muller saiu dun coche, cunha actitude desafiante e intimidatoria, facéndolle fotografías a curta distancia.
A popular aproveitando a presenza da policía local comunicou os feitos e o axente procedeu a identificación desta persoa, que ao ser interpelada, manifestou que era unha xornalista de Pontevedra quedando, por tanto, aberta unha incidencia que seguirá o trámite oportuno.