O PP alerta do bloqueo dalgúns servizos municipais en Lugo se os funcionarios cumpren a petición de Permuy de realizar “unicamente as funcións que corresponden a súa categoría”

por Redacción Lugo

Trala circular interna que remitiu o goberno local aos funcionarios do Concello de Lugo na que se indica que “non se asignen nin realicen funcións diferentes ás que lles corresponden polo seu posto”

Enrique Rozas explica que na actualidade “en moitos departamentos do Concello de Lugo non hai persoal suficiente, nin teñen a categoría adecuada xa que a Relación de Postos de Traballo aprobada en 2020 quedou obsoleta”.

Os populares entenden que o escrito que remitiu o concelleiro de Recursos Internos responde a unha estratexia do goberno do PSOE e do BNG de Lugo para “culpar aos funcionarios da falta de planificación que hai nos servizos”.

Os populares explican que esta situación é froito dunha nefasta política de persoal explicando que “hai servizos con vacantes sen cubrir” acusando directamente a que agora é alcaldesa de Lugo de permitir que se chegase a esta situación dado que “foi a responsable da área de persoal durante anos”.

Enrique Rozas entende “que Permuy estea intentando solucionar un problema herdado ante a caótica situación que se está vivindo en moitos departamentos” pero lamenta non só o fondo da circular senón tamén as formas xa que “o primeiro que se debería facer era falar de forma persoal cos xefes de servizos para coñecer as necesidades e logo tomar as decisións oportunas”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario