Nos últimos anos, o Goberno galego destinou 5,2 M€ á conservación, rehabilitación e mantemento de distintos elementos arquitectónicos desta comarca
A deputada electa polo Grupo Popular ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, destaca o esforzo inversor do Goberno de Alfonso Rueda para por en valor o patrimonio cultural, histórico e artístico da Ribeira Sacra lucense. Arias indica así que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2 millóns de euros á conservación, rehabilitación e mantemento de distintos elementos arquitectónicos da comarca. É o caso, apunta, do colexio Cardenal, de Monforte de Lemos; da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, en O Saviñao; do mosteiro de Santa María de Ferreira, en Pantón; do xacemento romando de Proendos, en Sober; ou as pinturas de Pinol e de Lobios; tamén en Sober.
A deputada electa fai esta valoración co gallo do Día Internacional do Guía do Turismo e logo de participar nunha visita guiada á igrexa de San Vicente de Pinol, que foi, precisamente, mellorada coa actuación do Executivo de Rueda. Concretamente, a Xunta de Galicia restaurou as pinturais murais renacentistas, que datan do século XVI e están relacionadas coa escola de pintura hispanoflamenca, figurando entre os elementos máis importantes que se conservan no conxunto da Ribeira Sacra.
Patrimonio Mundial
En total, a administración autonómica achegou 7,2 millóns a 44 bens deste tipo nas provincias de Lugo e Ourense como mostra do seu compromiso co impulso da candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco e coa conservación do patrimonio cultural de Galicia.