Activada a alerta vermella por vento e oleaxe nos litorais das provincias de Lugo e A Coruña

por Óscar de Souto

Hoxe, xoves 22 de febreiro, notamos xa ese cambio do ambiente de primavera ao de inverno como xa anunciamos onte dende 21noticias.com. Desta hora o ventos do suroeste sopra con intensidade superando os 100 kms/h nalgúns puntos da comunidade galega. O aviso en boa parte da metade norte, no interior de Pontevedra e na montaña de Ourense vaise manter en activo ata primeira hora da tarde. Ademais unha fronte está varrendo Galicia deixando chuvias importantes en zonas da metade oeste. Despois do paso da fronte, tende a escampar, 2-3 horas, e entrarán as precipitacións intermitentes que xa poden ser en forma de neve. A cota irá baixando dende os 900 m. ata os 600m. ao final do día.

A situación marítima tamén se complica e a partir do mediodía todo o litoral marítimo galego vai estar en aviso laranxa. Un nivel de risco que xa será vermello dende mañá ao mediodía, primeiro no litoral norte, e dende a medianoite do venres ata o mediodía do sábado en todo o litoral, mantense laranxa en Pontevedra, mais indicar que a AEMET eleva a nivel vermello no resto da costeira dende Aguiño ata Ribadeo. As temperaturas seguirán baixando o venres, con sensación de frío en toda Galicia. O mar será de ata 9 metros polo que se recomenda precaución na beiramar. Algunhas prazas públicas xa foron pechadas e tamén se pide precaución nas estradas tanto por choiva como por mor do vento ante a posibilidade de árbores caídas e outros atrancos. Evitar vias secundarias e os desprazamentos innecesarios e as recomendacións cotiás de auto-protección.

Foto portada: Imaxen de María Rozamontes

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario