Castelao visto a través da súa obra

por Redacción Galicia

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político… Alfonso Daniel Rodríguez Castelao amosou ao longo da súa vida unha creatividade poliédrica, múltiples facetas que agora se recollen na mostra ‘Castelao grafista (facsímile)’, que este mércores se inaugurou en Tomiño e que procura a divulgación da obra e do pensamento dun dos creadores galegos máis singulares. 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acudiu ao acto inaugural, que contou tamén coa participación de Ana Isabel Fernández, concelleira de Cultura; Julio Alonso, director da oficina de ABANCA de Tomiño; María Teresa Cores, coordinadora da área de Cultura de Afundación; e de representantes da entidade SOS Tomiño. Ata o vindeiro 17 de marzo, o Mercado de Tomiño acolle esta mostra «coa que tomiñeses e tomiñesas poderán coñecer de primeira man algunhas das creacións e das inmensas achegas á historia máis recente de Galicia feitas por Castelao, defensor da necesidade de construír unha arte e unha cultura propias da nosa terra», como sinalou a rexedora.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario