O Goberno local da Laracha reúnese cos profesionais do sector do taxi

por Redacción A Coruña

Para analizar o funcionamento do servizo e expoñer propostas para melloralo

O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron hoxe unha reunión no Salón de Plenos do Concello cos profesionais do sector do taxi. 

Participaron na xuntanza cinco dos oito titulares de licencias municipais que prestan actualmente este servizo público no termo municipal da Laracha.

Na reunión abordáronse temas relacionados co funcionamento do servizo, incidindo especialmente no sistema de gardas, e expuxéronse ideas para melloralo en beneficio dos usuarios do mesmo e tamén dos profesionais do sector.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario