Os populares advirten do «desastre na xestión municipal das axudas» e convidan á señora Rouco a «cumprir coa súa parte».
- O viceportavoz municipal, García-Leira, condena «os anuncios do goberno local que non se chegarán a materializar e que, no caso de obras que non xustificaron en prazo, que teña que ser o Concello o que se faga cargo deses custes cos cartos de tódolos vilalbeses»
- «Tendo en conta a ampla maioría de apoio recibido polo PP o pasado domingo, cremos que os vilalbeses referendaron a política da Xunta, independentemente de todos os ataques feitos pola alcaldesa», din