O eurodeputado Nicolás González Casares resalta que o goberno de España defendeu ao sector agrario logrando 47.700 millóns de euros en axudas comunitarias
O eurodeputado socialista Nicolás González Casares afeoulle este venres á Xunta de Galicia que súa “irresponsabilidade” por atacar a Política Agraria Común da UE que eles mesmos respaldaron no Parlamento Europeo por medo ás protestas dos agricultores.
O eurodeputado galego criticou a “a falta de responsabilidade e os novos ataques do Conselleiro en Medio Rural e da Xunta de Galicia a Europa” ante as protestas sendo que considera “incrible” que o responsable do goberno galego “non ten nin idea ou que minte todas as medidas de xestión da produción agraria foron votadas a favor polo PP”, poñendo como exemplo as relacionadas coa xestión de residuos.
González Casares lamentou os “ataques a PAC e o antieuropeísmo do Partido Popular” que tamén lembrou que tanto en España como en Galicia “trata de boicotear en Europa chegada dos fondos Generation”.
Contrapuxo esta xestión coa dun PSOE e un goberno de España que “na negociación da PAC conseguiu 47.700 millóns de euros de axudas comunitarias, entre elas, máis de mil millóns para Galicia con cargo ao Plan Estratéxico”. “Así se defende ao sector agrario galego”, engadiu. Puxo sobre a mesa que “o Partido Socialista defende en Europa o mesmo que defende en España e o mesmo que defende Galicia, con Besteiro á fronte” e que, por iso mesmo, “somos o mellor garante do futuro do medio rural galego”.
O eurodeputado encontra idóneo destacar isto “nun momento en que a Xunta de Galicia, nestes últimos catorce anos, fixo minguar o noso sector agrario en máis dun 26%, e case un 50% no caso das mulleres”, sinalou. Sendo que “o rural galego desángrase e o PP mira para outro lado e descargan responsabilidades en Europa facendo populismo barato”.
Tamén tivo reproches para o BNG, “cuxo grupo votou en contra de todos os regulamentos da reforma da PAC, os mesmos que permiten que esas axudas cheguen aos agricultores e gandeiros do país”. “Ao rural hai que defendelo con feitos e non con declaracións”, sinalou.