O PP esixe o arranxo inmediato da N-540, a única conexión de Lugo con Ourense e coa Alta Velocidade ferroviaria

por Redacción Lugo

Deputados e senadores populares participaron esta mañá na concentración realizada en Merlán para reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez o arranxo inmediato da N-540, única conexión por estrada entre Lugo e Ourense ante a paralización por parte de PSOE co apoio do BNG da autovía A-56.

       Antonio Ameijide afirma que o plan de mantemento anunciado hai uns días polo Goberno de Pedro Sánchez «é un novo desprezo» aos lucenses xa que «precisamos o arranxo inmediato desta vía, en lugar dun plan que dure máis de tres anos e que para o 2024 reserva unha partida ridícula que non dá non para nada»

·       O popular tamén recordou «a nefasta» negociación para Lugo e Galicia realizada polo conseguidor do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, «que deu todo a Cataluña e País Vasco, mentres a Galicia nos marxinou totalmente»

·       Ameijide: «A N-540 non só está nun estado lamentable de mantemento, é un verdadeiro perigo para a integridade dos condutores, como pase algo recaerá sobre a conciencia dos políticos do goberno central que abandonaron esta vía e aos lucenses»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario