A Deputación inviste 270.000 € na contratación de técnicos deportivos en 20 concellos da área de Santiago

por Redacción A Coruña

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, xunto co alcalde de Oroso, Alex Doval, os concelleiros Luís Rey e Jesús Fernández e o técnico de Deportes municipal, Manuel Cruz, visitou o centro deportivo Juanito Amigo, onde supervisou algunhas das actividades deportivas que se desenvolven no municipio, un dos vinte que na comarca de Compostela contan cun técnico deportivo contratado coas axudas que a Deputación da Coruña destina a este fin.

Leira destacou que a Deputación destina este ano 904.000 euros para financiar este programa, que permitirá a 67 concellos da provincia, vinte deles na comarca de Compostela, contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos «que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos».

O deputado sinalou que se trata dun programa que «contribúe de maneira directa á xeración de 62 empregos noutros tantos municipios da provincia» e, ademais, «facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia».

«O compromiso da Deputación co deporte en Oroso é moi claro», afirmou o deputado, que é tamén é concelleiro na localidade, destacando o apoio provincial a numerosos clubs e entidades deportivas do municipio e investimentos importantes como os 300.000 euros investidos para a mellora do campo de fútbol ou os 400.000 comprometidos para o novo pavillón polideportivo de Sigüeiro.

O alcalde, Alex Doval, agradeceu a cooperación da Deputación  «que é o paraugas dos concellos máis pequenos para o sostemento do posto de traballo dun técnico de Deportes que nos axuda a organizar todas as actividades e eventos deportivos que organiza o municipio».

CONCELLOS DA COMARCA DE COMPOSTELA QUE CONTARÁN CUN TÉCNICO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN EN 2024

Comarca de Santiago

CONCELLOACHEGA
A Baña15.000
Ames15.000
Boimorto15.000
Boqueixón10.000
Dodro15.000
Frades10.000
Melide10.000
Mesía15.000
Oroso10.000
Padrón15.000
Rois15.000
Santa Comba15.000
Santiso15.000
Teo15.000
Toques15.000
Touro15.000
Trazo15.000
Val do Dubra10.000
Vedra10.000
O Pino15.000
Total270.000
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario