Os socialistas de Arteixo demandan un espazo de aparcamento para coches e camións na contorna da Travesía de Groufa

por Redacción A Coruña

O grupo municipal socialista denuncia a situación de inseguridade da vía polo continuo estacionamento de vehículos na beirarrúa que obriga aos peóns a circular pola calzada

Os socialistas argumentan que a veciñanza que utiliza a Travesía da Groufa no tramo que vai dende o seu enlace coa Avenida de Fisterra leva tempo advertindo da situación de inseguridade que están a vivir polo continuo aparcamento de vehículos na beirarrúa “que fai que teñan que xogarse a vida circulando polo espazo que utilizan  os vehículos” sinala Patricia Boedo, portavoz de grupo municipal socialista.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario