O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron o Vello Cárcere xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, que organizarán un congreso internacional de nutrición nesta instalación ao longo do ano 2025.
Arroxo destacou a importancia destas iniciativas que «supoñen los cimentos dunha sociedade consciente e preparada para construir un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respetuosa con el medio». Ademais, Rubén Arroxo tivo en conta a elección de Lugo como escenario deste evento, destacando a calidade gastronómica da cidade.
A Tenencia de Alcaldía continúa a traballar na difusión das últimas novidades no eido da nutrición, facilitando a organización de eventos nas instalacións dependentes da área de Cultura. O MIHL acolleu en 2023 o VI Congreso de Nutrición «Alimentación e sostibilidade», organizado pola Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galiza, e no 2022 a cuarta edición do ReD-N, congreso a nivel estatal organizado pola Federación Española de Dietistas-Nutricionistas Universitarios.