O PP afirma que a fuxida de altos cargos do Concello de Lugo “provocará máis caos e inestabilide na xestión”

O vicevoceiro popular Enrique Rozas afirma que a marcha da alcaldesa “foi a punta de iceberg” dunha cascada de dimisións xa que “en dos meses abandonaron o Concello dous funcionarios de alta dirección do organigrama municipal”

Os populares afirman que a marcha do interventor agravará a situación caótica que se vive no Concello indicando que Lugo non é unha praza apetecible “dada a desorganización, os contratos caducados; proxectos faraónicos difíciles de manter, xestión moi deficiente e as disputas internas entre os socios do goberno, que complican o día a día do funcionariado”.

Rozas apostillaba “a deriva política do gobrno local así como a falta de persoal cualificado permanente en cargos clave está dificultando o funcionamento  efecaz do Concello e, en consecuencia, a prestación de servizos axeitados aos cidadáns”.

Enrique Rozas explica que ademais da saida destes dous altos cargos outros postos de alta dirección están vacantes ou cubertos de forma provisional: nese caso está a praza da vicesecretaria cuberta de forma provisional por un técnico de administración xeral que non está habilitado ou a xefatura de Arquitectura; con respecto ás xefaturas de licenzas e contratación están vacantes a día de hoxe.

Circular Permuy

Rozas tamén foi crítico coa forma de actuar da nova alcaldesa intentando descargar nos funcionarios os problemas de organización do traballo referíndose  á circular que remitiu o concelleiro delegado de  persoal indicando que só acomenten as funcións propias da súa categoría laboral.

Noutra orde de cousas tamén puxo en tea de xuizo o criterio que se está a seguir co persoal interino xa que uns quedan traballando cando finaliza o contrato mentres que outros non.

Comparte éste artículo
No hay comentarios