«O artesán Ton de Mircromina e a guía Ana de Guía tu día organizan unha visita conxunta o próximo domingo 3 de marzo en Mondoñedo.
Será un plan moi completo e para todos os públicos. Comezará Ana cun roteiro guiado polos recunchos máis representativos da vila como a alameda dos remedios, o casco histórico, a praza da catedral, a fonte vella… ata rematar no singular barrio dos muíños.



Asentado neste barrio artesán está o teatro de títeres, onde Ton nos introducirá de cheo no mundo dos bonecos cunha mostra-espectáculo do oficio de titiriteiro dende dentro e fóra do teatriño, un repaso polo proceso construtivo do espazo escénico e finalizando nun obradoiro práctico de construción dun boneco de cartón que os participantes poderán levar para as súas casas.
O horario de ambas actividades serán de 10:00h a 14:00h (2h visita guiada e 2h obradoiro).
Está consellada tanto para maiores como para os non tan maiores.
O custo total é de 16€ os adultos e de 13€ os nenos e nenas menores de 12 anos.
Para máis información e reserva previa podedes contactar no teléfono 654 99 68 57″