As decisións que se adoptaron nos últimos tempos para resolver o atasco das licenzas empeoraron a atención cidadá “a anterior alcaldesa tiña un promedio de resolución de 4 expedientes ao mes e, agora, Paula Alvarellos, cero licenzas por xunta de gobernó.
Ramón Cabarcos expresou o seu escepticismo respeto á contratación dun Director Xeral de Urbanismo “polo que os lucenses pagamos máis de 74.000 €, aclarando que desconfiamos que a súa presenza vaia a solucionar o atasco de expedientes e resolver cuestións fundamentais para que Lugo sexa un lugar atractivo para investir”.
Neste contexto de crise deste departamento municipal a Mesa de Traballo de Urbanismo do PP, presentou un DECÁLOGO DE OBXECTIVOS PARA MELLORAR a situación crítica de urbanismo.
01. Atención áxil e presencial, para técnicos e particulares, nos servizos de urbanismo
02. Axilizade no informe e resolución das licenzas (0 expedientes nas 3 derradeiras xuntas de goberno e 5 no que va de ano)
03. Revisión de erros e actualizacións do planeamento maior (PXOM, PEPRI, Plans Parciais coma o PERI-6 ou Louzaneta…)
04. Desenvolvemento do planeamento menor (UAs do PXOM, UIs do PEPRI…).
05. Adaptacións da lexislación ás novas normativas (Normas de Habitabilidade, Lei do Solo; Lei do Patrimonio Cultural…)
06. Tramitacións de Plans Especiais de Ordenación de Núcleos Rurais con edificabilidade esgotada ou camiño delo.
07. Promoción da rehabilitación e obra nova residencial a través do EVISLUSA.
08. Actualización do inventario de camiños e bens inmobles municipais
09. Redacción de ordenanzas obsoletas (Accesibilidade, Acústica…), deficientes (Licenzas) ou inexistentes (Publicidade ou Estética Urbana.
10. Xestión do patrimonio arqueolóxico e cultural, do rueiro, a rehabilitación e a mobilidade do centro histórico.