O Sacra Festival celébrase do 28 ao 30 de xuño en varios espazos da Ribeira Sacra co patrocinio da Xunta

Os organizadores do Sacra Festival presentaron hoxe en Lugo a programación do evento, que se celebrará do 28 ao 30 de xuño en diferentes localizacións da Ribeira Sacra. A Xunta figura entre os patrocinadores desta cita que combina música e espectáculos de danza e teatro con propostas gastronómicas e actividades relacionadas coa contorna.

A xefa de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, participou na presentación, onde felicitou aos organizadores por impulsar esta iniciativa «preparada con mimo e que xa está consolidada no panorama cultural da nosa provincia». Engadiu que este proxecto «concorda co traballo que facemos desde o Goberno galego para avanzar no modelo de turismo tranquilo e sostible que caracteriza á Ribeira Sacra».

Comparte éste artículo
No hay comentarios