Xornada hoxe con humidade atlántica traída polo vento do oeste e mañá xoves aviso amarelo por mala mar, fronte fría con chuvia repartida por todo o país, e a cota que volve situarse nos 900 m a partir do serán do xoves.
A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (INUNGAL).
Nestos momentos, atópanse en seguimento as estacións de capacidade do río Miño (Lugo, Cospeito e Outeiro de Rei), polo que convén extremar as precaucións nas beiras estes puntos.
A axencia estatal de Meteoroloxía activa aviso amarelo por adversos en toda a costa galega para mañán xoves e súbea nivel laranxa na costa para o venres por ventos fortes e mar bravo.
Foto portada: Repibelo, Arteixo, foto de María Rozamontes