CCOO: “Os profesionais da dobraxe de Galicia esixen respecto á dignidade profesional e o cumprimento do convenio colectivo”

por Redacción Galicia

Os profesionais do colectivo da dobraxe en Galicia denuncian a «situación insostible e ilegal» que padecen desde hai anos polo incumprimento do convenio colectivo e as condicións laborais no sector. Esixen respecto á súa dignidade profesional, o cumprimento do asinado. Entre outras anomalías, aseguran que a dobraxe en lingua galega se está pagando integramente, mais cun salario que leva sen actualizar desde o 2006, mentres que en lingua castelá se paga moi por baixo do estipulado no convenio.

Culpan da situación a patronal do sector, que leva incumprindo durante dúas décadas as xa obsoletas condicións salariais do convenio colectivo. Tamén poñen o foco sobre as ameazas das empresas de non contaren con aqueles intérpretes que non acepten traballar por baixo do recollido no convenio colectivo.

Ademais do cumprimento do acordado, esixen a revisión das tarifas do 2006 para axeitalas á situación actual e que non se discrimine os actores e actrices de dobraxe segundo se o seu traballo for nunha ou noutra das linguas cooficiais de Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario