Por iniciativa do PP púxose en marcha a maquinaria administrativa para impulsar esta iniciativa, adoptando unha proposta que xa en novembro do ano 2022 este partido levou a pleno.
· Enrique Rozas lembra que ende o Partido Popular «sempre plantexamos a necesidade dunha nova comisaría e as nosas actuacións sempre foron dirixidas a sacar o proxecto do caixón. Este Grupo municipal se congratula de ter aportado o seu gran de area para que un proxecto de gran importancia para a cidade se teña desbloqueado».
· O Grupo Municipal do Partido Popular amosa a súa preocupación pola falta de concreción do anuncio, xa que no mesmo non figuran prazos de execución nin partidas orzamentarias. No día de hoxe esperabamos a presentación dos documentos que xustificasen os trámites levados a cabo. Estaremos atentos a que este anuncio non quede nunha mera declaración de intencións.
· O Partido Popular demandará dos gobernos municipal e estatal unhas infraestruturas e espazos suficientes para prestar os servizos precisos á cidadanía e mellorar as condicións laborais dos axentes.
· Ao marxe da proposta da ubicación da comisaría no edificio de obras públicas, este grupo sempre platexou como alternativa os solares municipais coa única condición de que estivesen situados na zona norte da cidade