O pleno de mañá xoves centrarase en 13 iniciativas do Partido Popular

por Redacción Lugo

O PP de Lugo presentará mañá no pleno, proposicións para intervir na actual situación da Protectora, un plan de excavacións no casco histórico para incentivar intervencións, a delimitación de áreas de rehabilitación no barrio da Milagrosa e Feijóo ademáis de solicitar ampliar o horario do cemiterio do San Froilán ou cumprir a sentencia para que se paguen as horas extras dun traballador”

5 INICIATIVAS

Para intervir de forma urxente nas actuais instalacións da PROTECTORA implicando no seu financiamento á Deputación, Concello e Xunta.

Para que o Concello faga UN PLAN DE EXCAVACIÓNS asumindo os estudos arqueolóxicos previos nas obras que se acometan no casco histórico xa que con esta medida se incentivarían as intervencións dos particulares no recinto amurallado.

Para que se aprobe a DELIMITACIÓN CONTORNA DE REHABILITACIÓN dos barrios de A Milagrosa e Feijóo xa que de non axilizar este trámite Lugo podería perder os fondos europeos do plan estatal do ERRP (Entornos Rehabilitación Residencial Programados)

Para que se AMPLIAR HORARIO DE ENTERROS no cemiterio de San Froilán xa que dende a pandemia só se fan os sepelios polas mañá. Para recuperar horario de maña e tarde habería que cubrir a vacante de operario que neste momento está sen cubrir.

Para que se CUMPRA A SENTENZA que gañou o TRABALLADOR BRIGADA DE AUGAS que xa vai pola cuarta semana encadeado porque non lle pagan as horas extras realizadas. Asemesmo solicítase que se reforce a brigada de augas, mermada e desmantelada nos últimos anos, e que se dea aos traballadores municpais a categoría profesional real aos postos que ocupan neste departamento.

PREGUNTAS PARA SABER …

En que situación está a tramitación da ubicación da futura COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL logo de coñecerse que o Ministerio elixiu a parcela municipal de Abella para facer esta dotación.

Cal vai ser a DATA DE APERTURA DO NOVO AUDITORIO DE MAGOI e cal será o modelo de xestión. Hai que lembrar que o goberno ten as chaves deste edificio dende hai 44 meses.

Á vista da CIRCULAR INTERNA na que o goberno local dille ao persoal municipal que cumpran estrictamente cos traballos que se contemplan segundo o seu cargo solicitamos que se detalle que ten pensado facer o Concello para dotar de persoal necesario aos distintos departamentos municipais para poder cumprir coa circular emitida.

Solicítase información sobre cando se vai a arranxar o MURO NA PARROQUIA DE SANTIAGO DE SAA, no barrio de Galegos, que leva tirado dende hai 5 anos malia que había un compromiso de reconstruirlo.

4 ROGOS PARA QUE  …

SE IMPULSE UN PLAN DE URBANIZACIÓN E REVITALIZACIÓN DO BARRIO DE A PONTE reclamando entre outras cuestións:

Arranxo do acceso ao local social

Un parque infantil

Beirarrúas en puntos do barrio onde non existen.

SE DESEÑE un PLAN DE TURISMO que contemple novos roiteiros (dos escudos, das blaconadas …) co obxectivo de atraer un turismo cultural e que serva de reclamo tanto a nivel nacional como internacional.

SE REVISEN  OS COLEXIOS ELECTORAIS e se fagan os traballos de mantemento oportunos de cara a evitar que se repitan incidencias como as rexistradas o pasado 18 de febreiro.

PRECÍSASE:

  • Mellorar os accesos. En Torible era imposible achegarse en coche porque estaba todo emlamado
  • Revisar funcionamento dos baños, algún n sen auga.
  • Revisar os sistemas de climatización
  • Revisar e posta en funcionamento de ascensores para facilitar

MELLORAR A SEGURIDADE VIAL dunha pista de BOSENDE DE ABAIXO. Urxe que se asfalte un tramo de 300 metros da pista a vía Férrea que ten un sumidoiro que sobreasae e supón un perigo para os vehículos que circulan por este vial.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario