A Xunta apoia un ano máis a iniciativa Xacorun, unha carreira entre Sarria, Paradela e Portomarín que se desenvolverá o próximo 3 de marzo organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club. A actividade conta con más de 200 persoas inscritas.
A proba, que se presentou hoxe en Sarria, transcorrerá polo trazado do Camiño de Santiago. Haberá tres modalidades: dúas carreiras individuais – unha de 23 quilómetros e outra de 10 -; e unha de remudas de 23 quilómetros.
A carreira de 23 quilómetros individual sairá ás 9,30 horas da praza do Concello de Sarria; mentres que a de 10 quilómetros partirá ás 10,30 horas desde o lugar de Mirallos. En canto á de remudas, os corredores sairán ás 9,30 horas desde Sarria e farán o cambio coa parella en Mirallos. A meta estará en Portomarín. A organización entregará trofeos e medallas nas diferentes categorías.