O PP de Monforte pide a Tomé unha campaña informativa para que os monfortinos coñezan as modificacións da ordenanza de circulación

por Redacción Lugo

Katy Varela presentou un escrito no Concello de Monforte solicitando esta campaña de información xa que son moitos os empresarios, autónomos e comerciantes aos que afecta esta modificación

Katy Varela ve necesario informar con exactitude dos permisos de entrada e mecanismos para solicitalos a estas zonas peonís para aqueles cidadáns que determine a norma xa que por mor súa repercusión débense facer campañas informativas amplas

No pleno do luns o goberno de José Tomé aprobou as modificación da ordenanza de circulación de Monforte e, a pesar de que non quixo atender as alegacións realizadas dende o PP de Monforte está tentando confundir á poboación “con mensaxe erróneas, polo que dende o PP rexistramos un escrito solicitando unha campaña informativa para toda a veciñanza, especialmente para os afectados”.

A voceira popular, Katy Varela, ve preciso que “informar con exactitude dos permisos de entrada a estas zonas peonís e os mecanismos para solicitalos e, a pesar de que a publicación no Boletín correspondente é suficiente a efectos legais, entendemos que por mor da repercusión desta norma na vida dos veciños de Monforte débense facer campañas informativas amplas, tanto dos termos da nova norma nese ámbito como da posibilidade de retroactividade das sancións impostas”.

Dende o PP de Monforte presentaron onte un escrito no Concello para solicitar esta campaña informativa xa que “en lugar de cargar contra o Partido Popular o que ten que facer é informar á poboación das repercusións destas modificacións, como que as infraccións en zonas peonís poden ter un custo de 200€ por multa, entre outras sancións”.

Katy Varela recorda que estas modificacións da ordenanza “están a causar moita controversia” polo que pedimos que “segundo paga publicidade para outro tipo de fins, neste caso está máis que xustificado xa que afecta a un porcentaxe da poboación de Monforte moi amplo”.

Dende o PP de Monforte recordan que o goberno de José Tomé aprobou estas modificacións negándose a atender as alegacións presentadas polo PP de Monforte.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario