As testemuñas presenciaron o rescate dunha persoa que cae no mar na zoa de “As Lagoas”, na Coruña. Salvamento Marítimo solicita as 20:30 horas de hoxe a asistencia sanitaria a través do 112 Galicia por este rescate que realizaron na praia de “As Amorosas”, preto da Domus.
Trátase dun mozo duns 20 anos, o seu corpo foi sacado do mar sen vida polo rescatador do helicóptero Helimer.
O peor do temporal aínda está por vir:
Xa se superaron os 7 metros de altura de onda en Cabo Vilán e rexistrouse un refacho de máis de 120 km/h en Muras. Esta mesma noite entra outra fronte: chuvia, vento, ondas e neve nas zonas de montaña.
Polo que seguen esas recomendacións de non achegarse ao litoral e extremar as precaucións preto da costa.