Falece un mozo ao caer ao mar na Coruña

por Óscar de Souto

As testemuñas presenciaron o rescate dunha persoa que cae no mar na zoa de “As Lagoas”, na Coruña. Salvamento Marítimo solicita as 20:30 horas de hoxe a asistencia sanitaria a través do 112 Galicia por este rescate que realizaron na praia de “As Amorosas”, preto da Domus.

Trátase dun mozo duns 20 anos, o seu corpo foi sacado do mar sen vida polo rescatador do helicóptero Helimer.

O peor do temporal aínda está por vir:

Xa se superaron os 7 metros de altura de onda en Cabo Vilán e rexistrouse un refacho de máis de 120 km/h en Muras. Esta mesma noite entra outra fronte: chuvia, vento, ondas e neve nas zonas de montaña.
Polo que seguen esas recomendacións de non achegarse ao litoral e extremar as precaucións preto da costa.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario