A Deputación da Coruña investirá este ano máis de 11 M€ en obras de conservación das estradas provinciais

por Redacción A Coruña

Xunto co plan de desbroces e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 6.800 euros por quilómetro de estrada

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2024 estará dotado cun orzamento de 1.007.924 euros, un 10% máis que o ano pasado.

«O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia», explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,3 millóns en 2024. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

6.800 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.800 euros por quilómetro, apuntou o deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento dun 10% no orzamento destinado a este fin, xa que «o traballo de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria».

PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2024

(1ª Fase)

DENOMINACION DA OBRAIMPORTE
GRUPO 1A – Ortigueira194.883,69
 GRUPO 1B – Cariño212.800,35
 GRUPO 2- Mañón e As Pontes238.587,33
 GRUPO 3- Cedeira, Cerdido e Valdoviño341.269,16
 GRUPO 4- Ferrol e Narón442.727,81
 GRUPO 5- Moeche, San Sadurniño e As Somozas304.531,88
 GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda332.184,18
 GRUPO 7- Cabana, Miño, Paderne e Pontedeume371.278,54
 GRUPO 8- As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior446.419,32
 GRUPO 9 – Oleiros e Sada449.994,35
 GRUPO 10- Cambre, Bergondo e Betanzos449.964,44
GRUPO 11-  Abegondo, Carral e Oza-Cesuras449.815,31
GRUPO 12- Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras                    362.179,90 
GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino                     262.803,89
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar                     215.434,98
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques                     264.292,21
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro                     402.851,22
GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo                     449.922,21 
GRUPO 17-  Carballo, Cerceda e Laracha                     350.923,30 
GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso                     399.732,99
GRUPO 19- Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo             193.356,77
GRUPO 20- Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos                         231.659,57 
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra 278.623,66
GRUPO 22 –  Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra 398.044,65
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes               322.554,58
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia 346.995,98
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois 275.204,80
GRUPO 26 –  Ames, Santiago, Teo e Vedra 380.772,82
GRUPO 27- Boiro e Rianxo 292.137,21
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do son e Ribeira 452.432,88
GRUPO 34.- DP 1914 Carballo a Portomouro 355.296,79
GRUPO 35.- Coristanco, Santa Comba e Zas 311.958,52
GRUPO 36.- D.P.3404.- Serra de Outes a Dumbría 226.289,25
TOTAL……………………………….11.007.924,54
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario