A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol organiza a súa III Olimpíada Robótica o 12 de abril

por Redacción Galicia

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña, a súa III Olimpíada Robótica, un torneo dirixido a alumnado de ESO toda Galicia. A cita terá lugar, o venres 12 de abril, de 09:30 a 14:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol e más no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil e Primaria de Esteiro.

Ao longo da xornada, o alumnado participante, dividido en equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado terá que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara  no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.

Os centros educativos interesados en participar na III Olimpíada Robótica deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do venres 8 de marzo. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información no correo electrónico m.rivas@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3120.

Formulario de Inscrición. III Olimpíada Robótica, venres 12 de abril de 2024

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario