O PP de Lugo afea ao goberno local que «cun auditorio listo para abrir dende decembro sigue sendo incapaz de concretar prazos e contidos»

por Redacción Lugo
  • Resulta moi chamativo que organicen unha visita oficial VETANDO ao Partido Popular a acceder a esta dotación cando “curiosamente onte mesmo rexistramos un escrito informado de que iríamos a ver o edificio logo de que non contestasen ás peticións formuladas o 10 de xaneiro e o 14 de febreiro”
  • A popular Silvia Colmenero explicou que “é sobramente coñecida a postura do PP sobre a inaceptable espera para que se abra esta dotación cultural cuxa acta de recepción asinou a actual alcaldesa Paula Alvarellos  en xuño de 2020”
  • Tras dous anos, co edifico pechado e sen ningún tipo de mantemento, en novembro de 2022 o goberno local identifica desperfectos e anuncia que ten o diñeiro para facer as reparacións e que en 4 meses se subsanarán e fixa como data de apertura o 30 de Abril 2023, curiosamente coincidindo con campaña electoral.
  • Posteriormente houbo modificacións do proxecto retrasando a novembro de 2023 a sinatura da acta de recepción, prazo que se amplia  en 15 días porque detectan  novas deficiencias a subsanar.
  • “Os CATRO MESES que anunciaron en novembro de 2022 para reparar deficiencias convertíronse en TRECE MESES” reflexionaba a concelleira popular
  • Finalmente o goberno local  recoñece no PLENO DE DECEMBRO, que o edificio do Auditorio de Magoi estaba listo para a súa apertura.
  • Os populares pregúntanse “canto tempo máis terá que pasar para que o PSOE e o BNG nos sigan privando aos lucenses destas instalacións? Cantas excusas máis teremos que escoitar do goberno local propietario dende hai 45 meses do Auditorio de Magoi?”
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario