Rueda recibe o presidente do Banco Sabadell e o director xeral do Sabadell Gallego

por Redacción Galicia

O titular da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión co presidente do Banco Sabadell, Josep Oliu, que acudiu acompañado polo director xeral adxunto desta entidade financeira e director xeral do Sabadell Gallego, Pablo Junceda. Á reunión asistiu tamén o conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, Miguel Corgos.

Durante o encontro abordaron a situación e perspectivas da economía en Galicia, así como a colaboración entre a Xunta e o que é o cuarto grupo bancario español, con 61 oficinas na nosa comunidade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario