Dous pediatras incorporaranse este mes de marzo ao centro de saúde de Vilalba

por Redacción Lugo

Os populares subliñan esta «boa nova», froito «do compromiso do Goberno galego coa sanidade pública e con Vilalba»

  • A incorporación destes dous profesionais con praza fixa é posible grazas á resolución dun concurso de méritos realizado a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura aprobada no Parlamento de Galicia
  • Os populares lembran que «BNG e PSOE votaron en contra» polo que, «se fora por eles, agora non disporíamos de dous pediatras para o noso centro de saúde»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario