O BNG do Corgo esixe á Deputación a reparación das estradas provinciais o seu paso por Adai, Quinte ou Monte de Cerceda

por Redacción Lugo

O BNG do Corgo comproba como cada día que pasa, a maioría das estradas que dependen da Deputación están máis deterioradas e resultan máis incómodas e perigosas para os seus usuarios. O Bng do Corgo vén facendo un seguimento moi detallado do estado das estradas no concello falando coa veciñanza para dar visibilidade ao malestar dos mesmos. A portavoz nacionalista, Pilar Bellón, destaca que » a veciñanza de Adai, Quinte, Monte de Cerceda ou Cruce de Maceda con Lousada seguennos manifestando o seu malestar polo estado destas estradas LU-P-1602, LU-P-1608 ou LU-P-1611″. Engade: «en concreto a asociación de veciños de Adai que levan máis de un ano reclamando o arranxo á deputación e non reciben resposta»

O concelleira nacionalista explica: «a veciñanza desta parroquia expresa o seu malestar pola situación da vía, máis aínda tendo en conta que tódolos 13 de mes se celebra a feira mensual e esta é a vía para acceder a dita feira, os veciños están cansos de sufrir as incomodidades e os danos nos vehículos por culpa das moitas e grandes fochancas que ten esta calzada.

Os nacionalistas consideran que «a solución pasa por renovar o firme, con urxencia, porque esta estrada leva moitos anos sen arranxar así como facer unha limpeza das cunetas «. E así o faremos saber nunha moción que levaremos a pleno para implicar ao Sr. Alcalde na esixencia da reparación destas vías.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario