Gueimunde: «A alcaldesa non ten nin vontade política nin persoal de solucionar o problema da Policía Local, ao non abordar este asunto co presidente da Deputación»

por Redacción Lugo

Lamenta que a socialista «desaproveitase» a xuntanza co titular provincial para «pechar unha colaboración» que dea solución á inseguridade xerada na cidade coa baixa laboral do (100%) do cadro de persoal.

  • Destaca que a rexedora «está a vulnerar» unha competencia que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local lles asigna aos alcaldes/alcaldesas e que establece, no seu artigo 124, que a Xefatura da Policía Municipal é unha competencia indelegable dos mesmos
  • Para os populares a situación actual é «á punta do iceberg» do que xa viñan advertindo nos últimos tempos e advirten que non dispor de efectivos nas quendas diúrnas e nocturnas constitúe «un auténtico perigo» para os viveirenses
  • Insisten en que, dada a problemática, «non é de recibo que aínda non se depurasen responsabilidades políticas e mesmo dimisións no goberno local»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario