PP de Pol: «O Concello ten cartos para as comidas do alcalde, pero non para arranxar as pistas municipais nin para pagar o gasoil»

por Redacción Lugo

O goberno local vén de aprobar un procedemento extraordinario para pagar máis de medio millón de euros de facturas pendentes «entre as que se atopan máis de 2.400 euros en comidas en distintos puntos da provincia»

·       Á vista de que «o rexedor socialista aínda non ordenou o pago», a portavoz popular, Nicole Grueira, tamén se pregunta «cal é o criterio que segue Lino Rodríguez» e «se esas comidas teñen que ver co Concello ou son con amigos facendo turismo»

·       O informe de intervención revela que a débeda segue medrando e alcanza os máis de 2,7 millóns de euros «sen que o goberno local tome ningunha medida e incluso segue dilapidando cartos en comidas», condena a popular

·       A voceira popular formulará preguntas sobre as comidas, «con quen foron, para que e se tiñan que ver co Concello de Pol» á vista de que «algunha delas se desenvolveron en lugares con ningún tipo de vínculo co Concello nin con ningunha administración da que poida depender ou ter intereses Pol»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario