A Deputación de Lugo reforzou este venres un operativo para paliar os efectos da neve nas estradas provinciais dos concellos da provincia afectados nas últimas horas. Xa cara o mediodía quedou aberta a totalidade da rede viaria provincial tras unha mañá de intenso traballo que se centrou principalmente na Montaña.
Os concellos máis afectados pola neve na comarca foron os de Cervantes, Baleira, A Fonsagrada, onde nalgún punto chegáronse a acumular uns 12 centímetros de neve.
Ademais, o operativo da institución provincial tivo que actuar en vías do concello do Saviñao, afectadas tamén pola neve. En concreto, o dispositivo reforzouse nesta zona con tres máquinas, dez operarios e dous vehículos de apoio.
O operativo completo que despregou este venres a Deputación compuxérono 58 operarios e 37 máquinas e vehículos, dispoñendo, así mesmo, dos 12 silos de sal da Deputación abastecidos con 35 toneladas cada un.