En 2024 se abrirán cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia de xénero e que durante a lexislatura se crearán Centros de Información á Muller (CIM) móbiles para levalos ao rural
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe o papel fundamental da mocidade galega á hora de acadar unha sociedade con igualdade real entre mulleres e homes. Referiuse, así, ás novas xeracións como unha peza fundamental á hora de rachar con estereotipos e acabar con todo tipo de discriminacións.
Así o salientou durante a súa intervención nun acto con motivo da celebración do Día da muller. No evento, fíxose entrega dos galardóns ao alumnado que resultou premiado no concurso de carteis do 8-M e tamén se deu a coñecer a experiencia de dúas mozas referentes nos seus respectivos campos: a deportista Irene Blanco e a cantante Xoana.
O titular en funcións do Executivo galego eloxiou o compromiso de todos os escolares que participaron no concurso e a traxectoria destas dúas mozas á hora de abrir camiños e romper cos estereotipos. Ademais, apelou á necesidade de seguir traballando xuntos, porque “avanzamos moito, pero aínda queda moito por avanzar”. Así, Rueda ratificou o compromiso pleno da Xunta para conseguir unha “Galicia igual”.
A Xunta impulsará este ano un novidoso plan de formación e contratación de mulleres en sectores fortemente masculinizados, que estará dotado con 2,25 millóns de euros.
Nese sentido, este ano se abrirán cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia xénero, que estará emprazados nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo. Ademais, no que queda de lexislatura tamén se crearán Centros de Información á Muller móbiles para levar as políticas de igualdade ao medio rural e poder identificar así casos de violencia de xénero ocultos.