O PP recrimina a falta de planificación do goberno local nas obras de mellora das beirarrúas e a iluminación na  Residencia

por Redacción Lugo

Mentres a Xunta inviste 34M€ e transforma o barrio cun complexo sociosanitario con novas prestacións, a veciñanza da zona segue agardando pola pírrica achega do Concello de Lugo que xa “chega tarde, mal e arrastras”

  • A política de repetir unha mentira mil veces para confundir á cidadanía fracasou neste barrio, que hoxe desfruta dunha segunda vida grazas ao esforzo inversor da Xunta a pesar das manifestacións  do goberno local poñendo en entredito e cualificando de fume os orzamentos do goberno autonómico para o barrio, ata que a realidade os sobrepasou.
  • Os populares explican que, a estas alturas, se descoñece cando comenzarán as intervencións que anunciou o Concello o pasado 5 de decembro para ampliar beirarrúas e poñer novas luminarias recriminando o atraso xa que  “sabían que o complexo sociosanitario estaría en funcionamento en 2023 e, como sempre, non anticiparon as obras” o que ratifica a súa falta de xestión e neglixencia
  • Elena Candia contrapón “a política de feitos da Xunta coa política de confrontación e de falsidades do goberno local: a Xunta fai cidade e inviste no barrio e o goberno local o único que fixo en dúas décadas foi construir un carril bici que non se utiliza e que limita a actividade económica do barrio”
  • No Encontro Aberto que se celebrou coa veciñanza da Residencia a voceira popular Elena Candia explicou que “hoxe o proxecto da transformación do barrio da Residencia é unha realidade” destacando tamén “o traballo da iniciativa privada que aposta polo barrio” e lamentando que  “coma sempre, o concello de Lugo, quede ao marxe e sega ignorando as posibilidades que ten esta zona”
  • Dende o Partido Popular, pensamos que o goberno local debe implicarse e impulsar unha intervención máis ambiciosa na Residencia avanzando que solicitará “que se modifique o trazado do carril bici no entorno do CIS, que penaliza de maneira brutal o seu desenvolvemento, así como plans específicos de limpeza integral, a cobertura do parque infantil da fonte dos Ranchos ou a sinalización das prazas de minusválidos, entre outras cuestións.

FEITOS DOS GOBERNOS DO PP NO BARRIO DA RESIDENCIA

  • Hoxe o antigo Hospital Materno alberga o PRIMEIRO CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE DE GALICIA  onde xa funciona “a base del 061; un centro de saúde e PAC con 46 consultas; unha área de saúde mental con 22 consultas e espacios especializados en saúde bucodental, fisioterapia, saúde da muller ouradiodiagnóstico.
  • Na que foi a antiga Escola de Enfermería funcionará a partir do vindeiro luns 18 de Marzo a OFICINA ÚNICA DE EMPREGO de Lugo
  • Tamén se referiu a  CENTRAL DE BIOMASA que xerará enerxía para todo o complexo
  • Outra infraestrutura que proximamente abrirá unha NOVA RESIDENCIA DE MAIORES con 120 prazas
  • Dende a Xunta co ánimo de facilitar o aparcamento nunha zona estrangulada polo carril bici, que implantou o goberno local está construíndo un NOVO APARCAMENTO DISUASORIO na AVENIDA BREOGÁN  con 150 PRAZAS
  • Elena Candia tamén explicou como a presión do  PP tamén foi clave para desbloquear a construción dunha nova COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL e conseguimos que esta infraestructura se quedase na zona norte.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario