PSdeG: «7 de abril primarias e Congreso Extraordinario o 27»

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presidiu a Comisión Executiva Nacional Galega -CENG- que fixou o calendario de primarias para escoller ao secretario xeral, que terá lugar o 7 de abril, e a data do Congreso Extraordinario, que se celebrará o 27 do mesmo mes.

De acordo co calendario aprobado hoxe, a presentación de precandidaturas ábrese este mesmo luns e prolongarase ata 14 de marzo, e a recollida de avais terá lugar entre o 15 e o 22 deste mes. O 22 de marzo terá lugar a proclamación provisional de candidatos que presenten como mínimo o 6 por cento dos en torno a 10.000 militantes con dereito a voto.

A campaña de información celebrarase entre o mércores 27 de marzo e o sábado 6 de abril, dando paso á xornada de votación, que será o 7 de abril e, no caso de que ningún dos candidatos sume o 50 por cento dos votos, tería lugar unha segunda volta o 14 do mesmo mes.

Segundo o calendario aprobado hoxe na CENG do PSdeG, o 14 de abril terá lugar a proclamación provisional de resultados, e o Congreso Extraordinario celebrarase finalmente o sábado 27 de abril.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario