10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

por María Doldán

O Día da Clase Obreira Galega, 10 de marzo, a data coincide coa publicación do libro “Sempre en Galicia” de Alfonso Ðaniel Rodríguez Castelao,(cumpre 80 anos da súa publicación), O Sindicato Galego (CIG) sae as rúas de Ferrol para lembrar a Amador Rey e Daniel Niebla, dous extraballadores da antiga Bazán, que faleceron o 10 de marzo de 1972 cando participaban nunha manifestación dos operarios do estaleiro e foron abatidos a tiros por axentes policiais. Hoxe houbo concentracións nas principais cidades galegas.

O Sindicato CIG saíu ás rúas de Galicia este domingo 10 de Marzo, manifestándose contra a precariedade, reclamando unha nova lexislación laboral, un marco galego de relacións laborais e un Plan de recuperación económica, industrialización e creación de traballo digno e reforzo dos servizos públicos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario