O PP pregunta en que punto está a tramitación do aparcamento que o goberno local prometeu hai un ano na contorna  da Capela do Carme

por Redacción Lugo

Os populares cuestionan a falta de avances neste proxecto e piden máis implicación de socialistas e nacionalistas para poñer en valor esta zona situada ao pé da Muralla

•         En febreiro de 2023 o goberno local anunciou que habilitarían 40 prazas nuns terreos situados na parte de atrás da igrexa logo de suscribir un convenio coa Cofraría da Virxe do Carme que cedeu, por un periodo de catro anos ampliable a un máis,  uns terreos ubicados en Poeta Noriega Varela 

•         Dende o Grupo Popular lamentan que este fose outro anuncio máis aos que nos ten habituados o goberno local “repiten promesas pero non hai un traballo detrás para materializalas” lembrando como “pasou un ano deste anuncio e non hai ningún avance sobre esta zona de aparcamento tan necesaria e demandada”

•         Por este motivo, nas vindeiras comisións preguntaremos por esta cuestión “queremos coñecer cando se van iniciar as obras para acondicionar a parcela e crear as 40 prazas de aparcamento así como o orzamento que se vai destinar a esta intervención”

•         Os populares anuncian esta batería de preguntas loco de manter unha reunión coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, con representantes do Bispado e da Confraría da Nosa Señora do Carmen onde espuxeron as principais necesidades que presenta a capela.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario