A Xunta apoia as Festas de Santiago Apóstolo de Castroverde, que comezan este sábado

por Redacción Lugo

A Xunta de Galicia colabora coas festas de Santiago Apóstolo de Castroverde, que se prolongarán desde mañá ata o vindeiro martes de 25 de xullo. O programa inclúe actuacións musicais das orquestras París de Noia e Panorama, xunto con varios grupos e bandas e un DJ. Tamén haberá cantos de taberna e xogos infantís.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou á comisión organizadora por manter viva a tradición da festa e afirmou que a Xunta “apoia en toda a provincia propostas de ocio variadas para todos os gustos”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario