Xuventudes Socialistas celebra “unha convocatoria histórica” nas Becas 2024/2025

por Redacción Galicia

Dende a organización moza valoran moi positivamente o anuncio feito polo Ministerio hai un par de semanas e lembran que nunca na historia un Goberno fixera tanto polos becados galegos

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) valoran moi positivamente o anuncio feito polo Ministerio hai un par de semanas e lembran que nunca na historia un Goberno fixera tanto polos becados galegos.

A partida do próximo curso contará cunha partida de 2.535 millóns de euros, un 60% máis que co PP de Rajoy, e da que se poderán beneficiar máis de 70.000 mozos e mozas de Galicia.

Elena Cordero, secretaria de Educación, Universidades e FP de XSG, destacou algunhas novidades como “a suba do 5% nos umbrais de renta máximos, que axudará á maioría das familias, esas que viron incrementadas o coste de vida e son beneficiarias do SMI”.

A responsable da área lembrou que “o ano pasado o Goberno adiantara os prazos da convocatoria, atendendo a unha demanda histórica da mocidade de poder contar coa súa axuda ao comezar o curso. O Goberno Socialista segue avanzando en dereitos, pese a quen lle pese”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, fixo un chamamento “á sensatez na Xunta. Nos últimos 14 anos reduciron nun 60% a totalidade do orzamento de axudas autonómicas á educación. O PP debe aproveitar esta lexislatura para volver á senda das oportunidades, e desconxelar, por exemplo a partida de Becas universitarias, estancadas en 3 millóns dende 2019”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario