Derby de altura no Carregal: o Ineltrón Santo Domingo recibe o Cambre

por Redacción Deportes

Achégase un novo derby mariñán entre os primeiros equipos do Santo Domingo Betanzos e o Baloncesto Cambre e nada do que sucedeu na primeira fase da liga importa agora, non sendo aos efectos estatísticos: os betanceiros sumaron un parcial de 12 vitorias e 0 derrotas, 8 e 4 os cambreses, con vitorias de +32 e +25 para os primeiros nos enfrontamentos directos, pero o “borrón e conta nova” que supón a nova fase polo título deixa ás espadas por todo o alto. Se o Ineltrón Santo Domingo Betanzos comparece con 6 vitorias e ningunha derrota, o baloncesto Cambre, de menos a máis na liga, faino cunha relación de 5-1 e a moral polas nubes tras lograr a vitoria máis avultada no que vai de Primeira Nacional esta temporada: 109-60 fronte a Allariz.

Claro candidato a disputar de novo o ascenso, o Baloncesto Cambre é un equipo con varios xogadores con experiencia en ligas FEB (Pablo Rabadán, Sergio Yubero, David Pérez Polo, Ángel Pascual, Lucas Álvarez Cigarrán ou Amir Valcárcel, en tempos na plantilla betanceira) que pode saír do Carregal, se os de Doc non o impiden, cun liderado que o Ineltrón Santo Domingo Betanzos non cedeu en 18 xornadas. A cita, o domingo 17 ás 17h no pavillón do Carregal.

Volven xogar o sénior feminino e os mini e os preinfantís de primeira tras a xornada de descanso

Fóra do derby do primeiro equipo, a xornada trae o regreso ás pistas do sénior feminino, que viaxa a Boiro, dos mini, que o farán a Vigo e dos preinfantís, que xogarán en Ferrol. Outros partidos destacados da xornada son a cita dos B contra o Galogrín, os júnior contra Maristas ou o partido das cadetes en Montrove. Os infantís masculino xogan contra Culleredo e os cadetes contra Cambre. La Goleta medirase
ao Costa Ártabra en Ferrol ás 19h do domingo.
Horarios Xornada 16-17 de marzo


Santa Baia
Grelo Santo Domingo
2ª Div. Feminina
CEIP Santa Baia-Boiro
16-03 20h.
Galogrín
Santo Domingo Betanzos
2ª Div. Masculina
Municipal Calo-Teo
16-03 20h.
Maristas
Santo Domingo Betanzos
2ª Div. Júnior M.
Maristas-A Coruña
17-03 10h.
Montrove
Infor-B Santo Domingo
2ª Div. Cadete F.
Canide-Mera
17-03 10h.
Santo Domingo Betanzos
Golfiños Sada Marina
Benxamín
Sagrada Familia-A Coruña
17-03 16h.
Baxi Ferrol
Santo Domingo Betanzos
1ª Div. Preinfantil M.
Esteiro-Ferrol
17-03 17h.
Ineltrón Santo Domingo
Club Baloncesto Cambre
1ª Div. Masculina
O Carregal-Betanzos
17-03 17h.
Santo Domingo Betanzos
Santa María do Mar
2ª Div. Alevín M.
Sagrada Familia-Coruña
17-03 17.45h.
La Goleta Betanzos
Costa Ártabra
3ª Div. Masculina
Gómez Noya-Ferrol
17-03 19h.
Santo Domingo Betanzos
Maristas Coruña
2ª Div. Alevín F.
Sagrada Familia-Coruña
17-03 19.30h.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario