O PP, en defensa dos traballadores de Alcoa, eleva ao pleno do Congreso a petición de que o Goberno habilite unha partida extraordinaria cos 896M€ que permite a UE para as electrointensivas

por Redacción Nacional

Garantiríase así a viabilidade da factoría de San Cibrao e, en consecuencia, a produción e o mantemento dos empregos directos e indirectos que xera

Con esta ofensiva, agardan que o Executivo cumpra o acordo acadado na Comisión de Industria desta semana e que non quede bloqueado ao pospoñer a aprobación dos Orzamentos a 2025.

«En el Partido Popular estamos en la solución. El Gobierno debe corregir su política energética porque, hasta el momento, lo único que ha conseguido es que las empresas vean mermada su competitividad y su capacidad de inversión», afirmou Conde.

Os deputados comparten a postura da Xunta que, a través da conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, pediu no día de onte que non se dilate, a reunión da mesa de seguimento, pois, segundo destacou o voceiro de Industria no Congreso, «os traballadores necesitas certezas».

En clave local, os dirixentes de Xove e de Cervo, en representación do PP da comarca, valoraron moi positivamente a iniciativa do Grupo do PP, xa que, de materializarse o peche da planta da Mariña, «sería demoledor para a economía e para o futuro desta comarca».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario