Altri contamina Galicia

por Óscar de Souto

Ecoloxistas, veciños de Palas de Rei, e persoas sensibilizadas de toda Galicia e incluso políticos que defendían a pasteira xigante en Palas de Rei, meten a marcha atrás ante a presión social e se poñen do lado dos veciños afectados. Esta situación me lembra o que sucedeu en Cabana de Bergantiños ca mina, ofertaban traballo a esgallo, con soldos de escándalo dividindo a os veciños, como tamén quixeron implantar unha celulosa en Ponteceso. Os veciños rexeitaron a empresa que mataría o marisco da zona.

Manifestación anticelulosa na Comarca de Bergantiños no ano 1975

No ano 1975, os alcaldes da Comarca de Bergantiños puxéronse á cabeza da unha gran manifestación, a presidiron social xugulou as ansias de empresa de instalarse en Ponteceso. Agora nas beiras do río Ulla, é noticia estes días pola apertura oficial dun tempo de alegacións para a instalación de Altri, é a conta atrás para a nova «cheirenta» galega, no corazón máis verde da nosa Comunidade Autónoma.

A Plataforma Ulloa Viva participou este sábado en Rianxo nunha mesa redonda informativa organizada polo BNG do Barbanza no Auditorio de Rianxo sobre o proxecto de Altri na beira do Ulla en Palas de Rei.

Altri é o socio industrial principal no que participa o consorcio Impulsa Galicia, unha SL integrado por capital da Xunta de Galicia que participa con o 40%, , Abanca co 38%, , Reganosa o 12% e Sogama co 10%. Outra vez, os intereses economicos priman sobre a saúde e benestar dos veciños de Palas de Rei e a súa contorna. Vivamos como galegos, pero sen contaminación.

Diversos colectivos comezan a poñerse en pe de guerra, como é a Agrupación de Mariscadoras a pe de Carril, a súa presidenta, María Porto, explicou que «a cantidade de auga que Altri quere consumir no río Ulla no encoro de Portodemouros “restaríalle caudal ao río provocando que a contaminación chegue menos diluída e producindo máis danos aos bancos marisqueiros da Ría de Arousa”

Están divididos entre os que queren empregos a calquera prezo e os que viven do agro, do mar, dos viñedos ou mesmo do turismo, un turismo importante polo Camiño de Santiago e outro turismo costeiro polo Parque Natural das Illas Atlánticas e a impresionante costa dende Pobra do Caramiñal ata a Illa de Arousa. Altri

Chegou o día de elixir un bando, verde ou gris. Celulosa que beberá auga do Ulla, devolvendo as augas contaminadas, a pesar do que están a dicir que no haberá contaminación, empregarán as novas tenoloxías anticontaminates. As augas baixarán ata as bateas do mellor mexillón do mundo, choiva ácida dos fumes sulfúricos das chemineas dunha industria inmensa , dez veces o tamaño de ENCE, na ría de Pontevedra. O a celulosa ou seguir sendo referencia de turismo verde, costeiro ou pelegrín, produtores de leite, carne, viño de alta calidade, hostalería que vive do verdescente destas terras, dende a Comarca do Ulloa ata as costas de Arousa.

O dato irrefutable é que no 2023 os empresarios galegos das industrias trasformadoras de peixes e mariscos da comunidade e os seus máis de 13.000 empregados, moitos deles mulleres, conseguiron durante este ano pasado unha exportación que supera os 2.787 millóns de euros. A suma destas cifras co xenerado polo agro e a produción da terra nestes paraxes, o turismo rural, as cifras de peregrinos que circulan por esa ruta e o peso tan importante do sector do mar na ría de Arousa, fan que moitos teñamos dúbidas sobre as vantaxes das que falan Alfonso Rueda e os amigos de Altri vendéndonos unha moto que emite demasiado fume e consume demasiada auga.
¿Verde ou gris?
“Qui totum vult totum perdit”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario