Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde «Levamos dende novembro con un pavillón que xa non é que teña goteiras e que chove dentro, e iso presenta perigo para os deportistas»
O grupo municipal do BNG de Castroverde levara no vindeiro pleno unha moción para que se fagan con urxencia as melloras estruturais do pavillón A Ferrería, non se pode permitir o mal estado das instalacións municipais.
O pavillón municipal foi pintado recentemente pero ten outras moitas deficiencias que resolver, como, por exemplo, as pingueiras que danan o mobiliario e que se puideron ver o día 9 de marzo durante o partido triangular que xogou o FSF Castroverde, a UD Pastoricense e o Ribeira-Lieders, ou o eterno problema da pechadura da porta de entrada, sen solucionar dende hai anos.
En novembro de 2023 xa nos interesamos polas obras de mellora do pavillón e solicitamos unha mellora de seguridade das varandas das gradas ou a mellora do circuíto de auga quente de duchas, pero as obras de mellora quedaron nun lavado de cara, xa que hai melloras estruturais que quedaron sen facer, cando xa tiñan constancia delas.
«Levamos denunciando esta situación 5 meses e por parte do equipo de goberno o único que se nos di é que se van limpar os canalóns, esta claro que con iso non chega e precisamos reparacións urxentes» conclúe Iria Castro.