O BNG acada que a Comisión de Peticións debata sobre a manipulación na CRTVG na sesión de abril

por Redacción Galicia

 Ana Miranda: “É moi importante que se fale no Parlamento Europe do que acontece na tele e radio públicas galegas”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, considera moi importante que a denuncia presentada polo Comité Intercentros da CRTVG pola manipulación na televisión e a radio públicas de Galiza -e defendida polo BNG- sexa incluída na orde do día da Comisión de Peticións do mes de abril, tal e como decidiu hoxe esta Comisión na reunión de coordinadores.

“É un triunfo do BNG que esta denuncia se debata no Parlamento Europeo e que se fale do que acontece na tele e radio públicas galegas”, subliña Ana Miranda, quen salienta que para acadalo foi fundamental a reclamación por parte do Bloque da elaboración dun informe xurídico que analizara as continuas manobras do Partido Popular, Voz e Ciudadanos para que non se debatera esta denuncia na Comisión de Peticións. Precisamente ese informe deu a razón á eurodeputada galega para que a petición presentada polo Comité Intercentros da CRTVG fose tratada novamente na reunión de coordinadores da Comisión para valorar a súa inclusión na axenda.

“Virán aquí en abril para denunciar a manipulación da TVG, para pedir medios públicos galegos de calidade, ecuánimes, e sobre todo para defender as súas condicións laborais”, sinala An Miranda, quen lembra que hai máis de medio ano que esta petición foi admitida a trámite.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario