Tralo ataque con botes de pintura vermella que tivo lugar esta noite na sede do PP de Lugo da rúa Poeta Ramón Cabanillas nº 14 o Secretario Xeral del PP, Javier Vázquez Nodal, anunciou que o Partido Popular adoptará todas as medidas ao seu alcance para dirimir quen está detrás destes feitos
Dende o PP condenan esta acción que pon no punto de mira a persoas con nome e apelido vinculadas ao Partido Popular sinalizándoas de ser cómplices dun xenocidio
Lamentamos profundamente “a polarización e o odio ao PP que alentan determinados grupos políticos que se presentan diante da sociedade como moderados”.
O Secretario Xeral do PP aproveitou para pedir unha condena rotunda e sen tibieza ao BNG sobre estes feitos que son contrarios á democracia e van en contra da convivencia fomentando a crispación e xerando unha tensión innecesaria.
Os populares manifestan que “máis violencia non é a mellor forma de pedir a paz no conflito entre Israel e Palestina”.