O escritor Rodrigo Costoya presentou en Compostela a súa cuarta novela ‘La última reliquia’

A historia que agocha é realmente impactante polas implicacións do empeño de Felipe II por facerse coa tumba do apóstolo Santiago xunto co desexo de conquistar Inglaterra coa Armada Invencible

A paixón pola docencia, a literatura e a historia impulsaron a Rodrigo Costoya, docente no IES Rosalía de Castro, a comezar a súa primeira triloxía coa novela Portosanto, da que sairá a sexta edición nos vindeiros meses. Nesa obra novelaba a orixe de Cristóbal Colón na aldea de Portosanto en Poio (Pontevedra). Coa segunda obra, El Custodio de los libros, gañou un dos premios máis importantes de novela histórica, o Certame Internacional de Úbeda cunha obra que xa fora finalista en galego do Premio Torrente Ballester que organiza da Deputación da Coruña.

Na súa terceira obra, Hijos de Gael, deu o salto a Espasa, do grupo Planeta, así remataba a triloxía «De luz e de tebras».

A presentación en Compostela, a súa cidade, sempre é moi importante para o autor compostelán. E máis nesta cuarta novela, editada por Pámies, na que o título La última reliquia, fai referencia á tumba do Apostolo Santiago e o empeño do rei máis poderoso da Historia da Humanidade, Felipe II en levala para o mosteiro do Escorial onde xa tiña máis de sete mil reliquias confiscadas por múltiples territorios.

O Airas Nunes foi o lugar escollido para contar a historia real, sen entrar na parte novelada, que agocha esta incrible historia que sucedeu a finais do século XVI e na que as cidades de A Coruña e Compostela son pezas claves na historia da humanidade. Rodeado de amizades e lectores das suas obras, Rodrigo Costoya relatou durante unha hora os sucesos históricos que provocaron que o mundo non sufrise un xiro radical grazas a María Pita e as xentes da Coruña e que a tumba de Santiago desaparecese durante séculos, teóricamente, teóricamente sen sair da Catedral.

As seguintes citas serán en Madrid o 5 de abril e na Coruña o 13 de abril.

Comparte éste artículo
No hay comentarios