O PP pide mellorar a sinalización das prazas para persoas con mobilidade reducida

por Redacción Lugo

Os populares explican que a maioría dos rogos e preguntas que se presentaron nas comisións que se desenvolveron esta mañá inciden en cuestións sinxelas que requiren de vontade política e que teñen doada soluciónRamón Ferreiro

Rúa Monte Faro

Rúa Galicia

  • “Seguiremos co noso traballo de política útil identificando problemas e trasladándollelos  ao goberno local”
  • Na comisión que se celebrou hoxe se abordou a necesidade de sinalizar e pintar as prazas que existen no casco urbano nas que a cor azul que as identifica é inexistente e están practicamente borradas
  • A xustificación que pón o goberno local de que agarda a que lle enviemos imaxes dos puntos onde actuar para poñerse a traballar está fóra de lugar xa que o seu traballo é estar na rúa, anticiparse aos problemas e tomar medidas que redunden no beneficio da cidadanía
  • O PP tamén anunciou que pedirá que se habiliten novas prazas para persoas con mobilidade reducida e, en concreto, hoxe solicitaron crear  unha na rúa da Saúde na contorna da tenda de ortopedia.

Comisións de Transición Ecolóxica e Cohesión Territorial

  • Os populares lamentan que unha vez máis as promesas do goberno local queden en anuncios. Desta volta os veciñanza quedarase sen a prometida cobertura do Parque Infantil de Fonte dos Ranchos. O goberno local dixo que non hai diñeiro e que non se fará en 2024.
  • Tamén resulta surrealista que diante da petición de que se limpe unha finca da Croa onde hai unha zona de xogos infantis se conteste que hai un plan de limpeza para ir tres veces ao ano (xullo, novembro e abril). A ninguén se lle escapa que é ridícula esta planificación.
  • Con respecto ao parque infantil da rúa Primavera solicitouse que se axilizase a súa limpeza xa que está no Camiño Primitivo en un acceso principal ao centro histórico.
  • Tamén se confirman que se retirarán os colectores que hai na Rúa Barbeito no polígono das Gándaras en canto se cambien todos os recipientes.
  • Con respecto ás peticións de arranxos de pistas no rural, ainda que o goberno local admite que están en mal estado,s intentan minimizar a súa situación. Un caso que preocupa aos populares é o estado da vía que comunica Calde con  Amieiro e Fonte do Mouro porque os autobuses urbanos non pasan nalgún tramo. (liña 11)
  • Por último, conseguimos o compromiso do Concello de facer o rameo do acceso a Novafrigsa no cruce da estrada de Coeses e Soñar.

Comisión de  Cultura, Turismo e Promoción da lingua

  • Soa a excusa de mal pagador que a estas alturas nos digan que están traballando en solucionar as filtracións das ventás arqueolóxicas da rúa Doutor Castro. Pediremos acceso ao informe técnico valorando como resolver este problema que impide ver os mosaicos romanos que hai nestas vitrinas.
  • Con respecto ao resto das peticións subliñar que: toman en consideración a  limpeza do verdín e arranxo  do pavimento de Serra Gañidoira así como a limpeza da rúa da Herba e a reposición e limpeza dos bancos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario